O pasado 27 de setembro e coincidindo coa festividade
de San Vicente de Paúl, celebramos no colexio a 1ª Festa dos Fundadores das
Fillas da Caridade.
Na Eucaristía, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de
Primaria, lembraron a gran labor social que Luisa e Vicente fixeron na súa
época, sempre ao servizo dos máis necesitados.
Despois, tódolos alumnos e alumnas do Centro, dente
Infantil ata Bacharelato , participaron nun orixinal e divertido Flashmob ao
ritmo da canción de One Republic: I lived.
A mensaxe desta
canción en Lingua Inglesa, foi traballada nas clases de inglés, especialmente por
Alice, a nosa nova Auxiliar de conversa. Unha mensaxe de ESPERANZA e ilusión
por vivir cada segundo da nosa vida.
Os alumnos de Primaria decoraron as instalacións do
colexio cos seus traballos, dándolle cor e alegría a este día tan especial que
marcou o inicio do novo curso.