miércoles, 3 de octubre de 2018

CELEBRACIÓN FUNDADORES 2018-2019


O pasado 27 de setembro e coincidindo coa festividade de San Vicente de Paúl, celebramos no colexio a 1ª Festa dos Fundadores das Fillas da Caridade.

Na Eucaristía, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria, lembraron a gran labor social que Luisa e Vicente fixeron na súa época, sempre ao servizo dos máis necesitados.

Despois, tódolos alumnos e alumnas do Centro, dente Infantil ata Bacharelato , participaron nun orixinal e divertido Flashmob ao ritmo da canción de One Republic: I lived.

A mensaxe desta canción en Lingua Inglesa, foi traballada nas clases de inglés, especialmente por Alice, a nosa nova Auxiliar de conversa. Unha mensaxe de ESPERANZA e ilusión por vivir cada segundo da nosa vida.

Os alumnos de Primaria decoraron as instalacións do colexio cos seus traballos, dándolle cor e alegría a este día tan especial que marcou o inicio do novo curso.